Verín acolle a presentación de Latexos do Rural no Camiño, unha peregrinación artística dirixida por Rubén Riós Imprimir
Sábado, 29 Maio 2021 16:03

 “Latexos do rural no Camiño parte da idea de crear un festival itinerante para dar voz a esas artistas rurais quen nas súas obras, hai moita paixón e creatividade: unha ferramenta salvadora nestes momentos que nos toca vivir, non só para comunicarnos e xerar esperanzas, senón tamen para dar a coñecer o noso ó mundo”. Con estas palabras, Rubén Riós presenta esta peregrinación artística titulada “Latexos do rural no Camiño”.


Un festival itinerante que percorre os municipios ourensáns da Mezquita, Riós, A Gudiña e Laza os sábados do mes de xuño de 2021. Esta iniciativa desenvolvida no Marco do Programa “O teu Xacobeo” nace co obxectivo de promocionar a arte no Camiño Sanabrés da Vía da Prata, en localidades que apenas conta cun milleiro de habitantes. As datas do evento son as seguintes:

?      A Mezquita - Sábado 5 de xuño, Edificio Multiusos.

?      Riós- Sábado 12 de xuño, Edificio Multiusos e Praza do Concello.

?      A Gudiña- Sábado 19 de xuño, Edificio Multiusos e Praza Maior da Gudiña.

?      Laza- Sábado 26 de xuño, Praza da Picota, Forno da Picota e Salón de Actos do Concello de Laza.

Este martes 1 de xuño no Auditorio Municipal de Verín preséntase Latexos do rural no Camiño

 

Este martes 1 de xuño ás 11.30h no Auditorio Municipal de Verín preséntase esta peregrinación artística co título “Latexos do Rural no Camiño”. Ao acto asistirán:

?      D. Rubén Riós, en calidade de director e creador do evento.

?      Representante do Programa O teu Xacobeo 2021-2022

?      Autoridades representantes dos Concellos:

?      Verín- Dna. Emilia Somoza, Concelleira de Cultura (en calidade de anfitrioa)

?      A Mezquita- D. Rafael Pérez Vázquez, Alcalde.

?      Riós- D. Francisco Armando Veiga, Alcalde.

?      A Gudiña- D. José María Lago Cabo, Alcalde.

?      Laza- D. Ramón Barreal Novo, Alcalde.

?      Os artistas participantes nesta primeira edición:

?      Paulinha D´Arzoá, acuarelista de Arzoá.

?      Carmen Rivero Gallego, poeta de Laza.

?      Ramón Fernández, fotógrafo ourensán

?      Jorge De Álvarez, deseñador de moda vianés.

?      Santi Cañaveral, actor de teatro verinés

?      Representación do Conservatorio Profesional de Música de Verín.

Artistas locais potencian o rural e a peregrinaxe artística no Camiño Sanabrés da Vía da Prata

O proxecto presentará 7 disciplinas artísticas da man de artistas locais do rural ourensán. Paulinha D´Arzoá - historiadora do arte e acuarelista- dun pequeno municipio de Vilardevós exporá a súa obra, xunto co fotógrafo e apaixoado do Camiño de Santiago, Ramón Fernández, que presentará unha colección de fotografías das súas viaxes polo Camiño Sanabrés. A poesía estará comandada por Carmen Rivero Gallego. Esta lazana xa publicou os poemarios “Nun recuncho chamado Laza” e “Berce de peliqueiros”. O actor e mestre de teatro Santi Cañaveral, presentará unha peza inédita sobre a súa viaxe espiritual e introspectiva no Camiño. O estilo e a moda estarán presentes da man de Jorge De Álvarez. O vianés vén de acadar a Medalla de Prata nos Premios Nacionais da Moda representando a Galicia. Para finalizar, a nota musical virá da man da minibanda e banda do Conservatorio Profesional de Música de Verín que actuará nas prazas dos Concellos e exteriores dos lugares de celebración dos eventos para dotar de ritmo aos corazóns rurais no Camiño de Santiago.

 

Confirmación previa de asistencia e protocolo de seguridade

Para a organización correcta do acto de presentación agradecemos nos remitan nome, DNI e teléfono dos asistentes antes do luns 31 de maio ás 22.00h.

O acceso e apertura de portas será a partir das 11.30h e o comezo do acto está previsto para as 12.00h.

Agradecemos enormemente colaboración e difusión deste evento.

 

--

LATEXOS DO RURAL NO CAMIÑO

Web oficial: www.latexosdoruralnocamino.com

 

Séguenos en redes sociais:

Facebook --> https://www.facebook.com/latexosdorural

Instagram --> https://www.instagram.com/latexosdorural

 

Máis información:

Andrés Rozados (679 710 540) //  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo