Pleno Ordinario: 14 de maio de 2021 Imprimir
Venres, 14 Maio 2021 12:14

O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión ordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:


1. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DE DATA 31/03/2021

2. Expediente 1930/2019. INTERPOSICIÓN RECURSO CASACIÓN CONTRA A SENTENZA 137/2021 DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

3. Expediente 4184/2018. APROBACIÓN DO PLAN MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

4. Expediente 1589/2021. APROBACIÓN INICIAL REGULAMENTO DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DA CASA DA CULTURA

5. INFORMACIÓNS E OUTROS ASUNTOS DA PRESIDENCIA

6. DAR CONTA DOS DECRETOS DITADOS POLA ALCALDÍA E POLAS DISTINTAS CONCELLARÍAS DELEGADAS, EN MATERIA DE ADMINISTRACIÓN LOCAL, DENDE O 05/03/2021 ATÉ O 10/05/2021, AMBAS AS DÚAS DATAS INCLUÍDAS

7. ROGOS E PREGUNTAS

Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión extraordinaria, o presidente Gerardo Seoane Fidalgo someteu a votación a aprobación da interposición do recurso de casación contra a sentenza 137/2021 do tribunal superior de xustiza de Galicia que se aprobou por 13 votos (8 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 3 abstencións do do Partido Popular.

Por outra banda o pleno ratificou,  por unanimidade, o Plan Municipal de prevención contra incendios e aprobou inicialmente, por 13 votos (8 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 3 abstencións do do Partido Popular, o regulamento de organización e funcionamento da Casa da Cultura.