Esta mañá, tivo lugar videoconferencia “De ollos de auga” ata “O último barco”: A serie de Leo Caldas, impartida polo escritor Domingo Villar. Na mesma participaron máis dun centenar de alumnos e alumnas dos seguintes centros educativos: IES Castro de Baronceli, IES Taboada Chivite, IES García Barbón e CPR María Inmaculada.
Durante máis de media hora, Domingo Villar faloulles aos escolares, dunha maneira amena e próxima sobre as singularidades da Novela Negra, e sobre a súa exitosa serie policíaca protagonizada por Leo Caldas, un solitario e melancólico inspector de policía. No encontro virtual interveu o actor Carmelo Gómez, que interpreta a Caldas na película “A praia dos afogados”, baseada na novela homónima de Villar.
Videoconferencias temáticas
Este evento forma parte do programa de videoconferencias temáticas online, organizado pola Biblioteca Municipal de Verín, teñen como primeiro público aos alumnos e alumnas de centros escolares da vila, impártense en horario matinal e teñen unha duración de, aproximadamente, 30 minutos. Posteriormente, ás charlas están a disposición do público xeral na canle oficial de youtube da Biblioteca.
Próximas Videoconferencias temáticas
Novela Negra/Misterio
21 Maio: Ledicia Costas (Escritora e Avogada): Presentación do libro Infamia.
3 Xuño: Eva Mejuto (Escritora): Presentación do libro "Memorias do silencio". (Finalista Premios da Crítica de Galicia).
|