A Eurocidade Chaves-Verín (AECT) galardoada co premio Excelencia en Turismo 2020 Imprimir
Venres, 07 Maio 2021 11:30

 A  Eurocidade  Chaves-Verín, AECT, foi galardoada co premio Excelencia en Turismo 2020 na categoría “PREMIO EXCELENCIAS BENESTAR”.


O xurado, formado por nove personalidades internacionais dentro dos ámbitos do turismo, a arte e a gastronomía, vén de seleccionar ao proxecto Eurociudade  Chaves-Verín como destino de saúde e  benestar  na  fronteira hispano-portuguesa pola súa capacidade de innovación,  resiliencia e aposta pola saúde e benestar como bases da súa promoción turística conxunta. Unha aposta pola integración de recursos turísticos entre dous países en torno á auga mineral e termal, fomentando a alianza publico-privada, a promoción conxunta baixo a marca “dous países,  un  destino” e a creación de produtos  turísticos sostibles como o Roteiro Termal e da auga e os Plans Biosaudables Verín- Chaves- Vidago.

Este  premio será entregado o próximo 19 de  maio non  ámbito da Feira Internacional de Turismo (FITUR) en Madrid, que na súa edición 2021 que leva por título “Camiño á recuperación”. No certame daranse cita personalidades destacadas da industria turística mundial, así como  unha gran selección de prensa nacional e internacional acreditada; dando  puntual  relevancia e cobertura a esta entre de  premios internacional.

O Grupo Excelencias

Grupo Excelencias é unha multinacional do sector da comunicación fundado hai máis de 30 anos, liderando produtos e servizos de diferentes áreas do mundo da comunicación como: edición; multimedia e internet; axencias de publicidade e márketing; promocións; incentivos de vendas; agasallos de empresas e imaxe corporativa; axencia de comunicación e relacións públicas; organización de feiras internacionais, congresos e  eventos; representacións turísticas; axencias de viaxes e artes gráficas.

É membro de  CTO ( Caribbean  Tourism  Organization) e de  CHA ( Caribbean Hotel  Association), e forma parte dun acordo de colaboración coa UNESCO. As súas oficinas de representación radican en España, Cuba, México,  Aruba, República Dominicana, Xamaica, Venezuela, Alemaña, Italia, Holanda, Panamá, Costa Rica e Brasil.

A multinacional creou os “Premios Excelencias” en 2005 co obxectivo de fomentar a excelencia en todos os ámbitos relacionados co turismo. Desde entón, convertéronse nun referente para todos aqueles que traballan día a día para lograr a excelencia non só nese ámbito, senón tamén na gastronomía, a cultura, ou a sustentabilidade.

No 2020 crearon unha nova categoría denominada “Premio Excelencias Benestar”, en que se galardoan aos proxectos que traballan no ámbito do  wellness.