O Conservatorio de Verín presenta o ciclo de concertos “Emerxen os directos” Imprimir
Martes, 04 Maio 2021 12:37

 O Conservatorio Profesional de Música de Verín, coa colaboración da súa AMPA e da concellería de Educación Cultura e Festexos do Concello de Verín, están levando a cabo o ciclo de concertos “Emerxen os directos”.

Nunha campaña de dinamización da súa labor docente levada a cabo durante todo o curso lectivo no Auditorio Municipal, o CMUS achega á cidadanía de Verín diferentes xéneros musicais; dende a música máis moderna a máis clásica, pasando polo estilo máis tradicional.

As persoas interesadas en acudir a algún dos concertos disporán de entradas, dous días antes de cada evento, no Auditorio Municipal de Verín (en horario de 17.00 a 20.00 horas). Pese a ser actuacións de carácter gratuíto, o control de aforo realizarase para adaptarse aos protocolos de seguridade sanitaria vixentes actualmente na nosa comunidade autónoma.

Próximos eventos

  • AUDICIÓN DE PIANO DO CMUS PROFESIONAL DE OURENSE.

Mércores 12 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.

  • BIG BAND DO CMUS

Xoves 13 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.

  • TRÍO VOLUNTAS

Sábado 15 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.

  • CATRO CORES

Sábado 29 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.

  • CONCERTO BENÉFICO DO CMUS VERÍN

Sábado 5 de xuño, ás 12:00 horas, no patio  C.P.R Mercedarios.

  • GALA DE GRADUACIÓN | ARTISTAS INVITADAS: CAAMAÑO E AMEIXEIRAS

Domingo 13 de xuño, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín