O Concello de Verín oferta 17 prazas de contratación temporal Imprimir
Xoves, 29 Abril 2021 14:51

 O Concello de Verín oferta as seguintes prazas de contratación termporal:

PRAZAS:

  • 6 OFICIAIS DE PRIMEIRA DE VÍAS E OBRAS

Duración: 8 meses (con posibilidade de prórroga por igual período)

  • 6 PEÓNS DE VÍAS E OBRAS

Duración: 8 meses (con posibilidade de prórroga por igual período)

  • 2 CHÓFERES DE MÁQUINA DESBROZADORA

Duración: 5 meses (con posibilidade de prórroga por un mes)

  • 1 OFICIAL DE PRIMEIRA FONTANEIRO

Duración: 8 meses (con posibilidade de prórroga por igual período)

  • 1 OFICIAL DE PRIMEIRA ELECTRICISTA

Duración: 8 meses (con posibilidade de prórroga por igual período)

  • 1 CONDUTOR DE MAQUINARIA DE OBRAS PÚBLICAS

Duración: 8 meses (con posibilidade de prórroga por igual período)

 

PROCEDEMENTO SELECTIVO:

O establecido nas  bases xerais de contratación para o persoal laboral temporal así como nas respectivas bases especificas para a creacion da bolsa de contratacion do Concello de Verín (publicadas no BOP núm. 34 de 11/02/2020).

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS:

7 días naturais, contados a partir do día 29/04/2021

Último día de presentación de instancias: 06.05.2021

 

DOCUMENTACIÓN:

* ANEXO I  -  Solicitude  (a  cumprimentar)

* ANEXO II -  Declaración responsable (a cumprimentar)

*  Documentación a presentar

 

Todos os ANEXOS e as bases (ca documentación requerida en cada caso) atópanse na sede electrónica do Concello de Verín (Tablón de Anuncios – Emprego Público) e, físicamente, no taboleiro de anuncios.