Dous milleiros de árbores para Verín Imprimir
Martes, 20 Abril 2021 15:14

 Coa chegada da primavera, brotan as follas dos máis de 2000 árbores plantadas polo Concello de Verín dentro do seu Plan de Humanización, que comezaba no ano 2015 e continúa a día de hoxe con diversas actuacións en activo tales como a creación do  “gran pulmón verde” situado en Fontenova,  a  optimización do sistema de  saneamento da  vila  ou  as constantes labores de  mellora da  vexetación de  ribeira  do Río Támega.

A incorporación de árbores nas zonas verdes e nas rúas das cidades é fundamental para manter unha calidade do aire adecuada e mellorar o benestar dos seus habitantes.

Aquí compartimos convosco sete formas nas que as árbores e zonas verdes urbanas contribúen a facer que as cidades sexan socioeconómica e ambientalmente máis sostibles:

  • As árbores grandes son excelentes  filtros para contaminantes urbanos e partículas finas como o po, a sucidade ou o fume do aire atrapándoos nas follas e a cortiza.


  • Unha árbore madura pode chegar a absorber ata 150 kg de gases contaminantes por ano, polo que xogan un papel importante na mitigación do cambio climático.


  • A localización estratéxica das árbores nas zonas urbanas pode axudar a arrefriar o aire entre 2 e 8 graos centígrados. Podendo reducir nun edificio a necesidade de aire acondicionado nun 30 por cento, e reducir as facturas de calefacción de inverno nun 20-50 por cento.


  • As investigacións científicas demostran que vivir preto de espazos verdes urbanos e ter acceso a eles pode mellorar a saúde física e mental, por exemplo, ao diminuír a presión arterial alta e a tensión.


  • As árbores maduras regulan o fluxo de auga e desempeñan un papel crave na prevención de inundacións e a redución do risco de desastres naturais. Unha árbore de folla perenne maduro, por exemplo, pode interceptar máis de 15 000 litros de auga por ano.


  • A planificación de paisaxes urbanas con árbores pode aumentar o valor da propiedade ata nun 20 por cento, e atraer o turismo e os negocios.


  • As árbores desempeñan un papel importante no aumento da biodiversidade urbana, proporcionando plantas e animais cun hábitat, alimentos e protección favorables.