O Auditorio de Verín acolle a actuación musical de “Medela Cuarteto Latin Jazz” Imprimir
Martes, 20 Abril 2021 10:56

 O Concello de Verín, a través da  REAOU ( Rede de Auditorios de Ourense) da  Deputación de Ourense, trae ao Auditorio Municipal a actuación musical de “Medela Cuarteto Latín Jazz”.


O concerto, que terá lugar o sábado 24 de abril ás 12:00 horas, será de carácter  gratuíto. As persoas interesadas en reservar entrada poderán facelo a partir do xoves 22 de abril no propio Auditorio Municipal (horario: 17:00 a 20:00 horas).

Pablo Añón prestixioso saxofonista do panorama internacional, únese a un trío consolidado como músicos residentes no Café Latino de Ourense, templo do jazz galego. Este trío encabezado por Alfonso Medela pianista e compositor, fórmano Luís Vivas, un baterista versátil en todos os estilos de música moderna, xunto con Tabarés, un dos pioneiros do jazz en Galicia.

Este cuarteto ofreceranos unha visión máis ampla e pedagóxica dos diferentes estilos da música moderna, penetrándonos na música latina e no jazz.