ACTUALIZACIÓN COVID-19 | Novas medidas de prevención vixentes en Galicia Imprimir
Xoves, 15 Abril 2021 12:24

En vista da actual evolución epidemiolóxica e da situación asistencial, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia as novas medidas de prevención destinadas a evitar a propagación da COVID-19 en #Galicia. Segundo o decretado, o Concello de Verín mantense no nivel medio-baixo de restricións.

A partir de mañá venres ás 00:00 horas, entrarán en vigor as seguintes restricións:

  • PECHE PERIMETRAL de Galicia.
  • MOBILIDADE: aberta en toda a comunidade autónoma. Con excepciónde A Pobra, O Grove e Carballeda que continúan con peche perimetral individual.
  • TOQUE DE QUEDA: de 6:00 a 23:00 horas.
  • RESTAURANTES: abertos ata as 23:00 horas, sempre que teñan control de calidade do aire, e realizando reserva anticipada.
  • BARES/CAFETERÍAS: abertos ata as 21:00 horas, cos aforos que corresponden ao nivel de risco de cada zona. (En Verín: 50% en interior e 75% en exterior).
  • COMERCIO: O horario de peche dos ditos establecementos e locais será o que teñan fixado de acordo coa normativa vixente, debendo respectar en todo caso as limitacións establecidas para a mobilidade nocturna.
  • RESIDENCIAS DE MAIORES: permítense visitas ilimitadas, dunha nunha e previa cita. Os residentes poderán saír 3 veces por semana, 4 horas ao día.
  • REUNIÓNS SOCIAIS: tanto no ámbito público como no privado, incluíndo domicilios, reunións limitadas a un máximo de 4 persoas en interior e 6 no exterior.

Máis información no #DOG: https://cutt.ly/UvsoBZj