O Auditorio de Verín acolle a representación da obra “El Mentiroso” da compañía MDM |
![]() |
Venres, 12 Marzo 2021 13:24 |
As entradas xa están dispoñibles, por cinco euros, en ataquilla.com. «Un Home, sentado a unha mesa, observa un cubilete de dados. Estamos a metade dunha partida ao mentireiro ou, quizais, a partida non comezase aínda. Non o sabemos. O caso é que o Home espera o próximo movemento do seu adversario, só que fronte a el non hai ninguén. Ou quizais, si. O xogo é unha escusa para falar de calquera cousa, por exemplo, da familia, de traballo, de política ou de Deus. De mentiras.
|