Obradoiro de Prensa Imprimir
Venres, 09 Outubro 2009 13:13

O departamento de Educación Familiar do Concello de Verín promove, en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, un ‘Obradoiro de Prensa’ para alumnos/as de educación infantil e primaria.

Esta actividade, enmarcada dentro do programa de centros educativos públicos, se iniciará o próximo 13 de outubro e se desenvolverá no CEIP Princesa de España, Educación Infantil Amaro Refojo, CEP Amaro Refojo e nas escolas unitarias de Pazos e Feces de Abaixo.

Durante todos os días lectivos, unha monitora desprazarase aos diferentes centros co obxectivo de recoller información, sobre intereses e noticias dos máis pequenos de Verín, e elaborar un periódico infantil. Un diario que será maquetado e deseñado polos escolares do municipio os sábados 17, 24 e 31 de outubro, na Aula Multimedia da Casa da Xuventude.