Charla-coloquio ‘Lactancia Materna’ Imprimir
Mércores, 07 Outubro 2009 11:01

O próximo mércores 14 de outubro, a partir das 19 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Verín a charla-coloquio ‘Lactancia materna’, impartida por Mercedes Villar, matrona do Sergas.


Esta actividade, englobada dentro do programa Concellos Saudables e organizada polo Concello de Verín e a Fundación Preescolar na Casa, amosará aos presentes as vantaxes da lactancia materna para o bebé e a nai, alimentación da nai durante a lactancia, coidado das mamas e retorno a vida laboral, entre outros aspectos.