Contacontos e manualidades na Biblioteca Pública Municipal Imprimir
Martes, 06 Outubro 2009 10:24

Durante os meses de outubro e novembro, a Biblioteca Pública Municipal de Verín e o programa de Educación Familiar organizan actividades lúdico-culturais todos os sábados, de 11.30 a 13.30 horas.

Estas actividades, enmarcadas dentro do proxecto de apertura de centros educativos fóra do horario lectivo, están conformadas por contacontos, manualidades e relatos; e están destinadas a nenos/as con idades comprendidas entre os 5 e 10 anos.

As inscricións para participar nas mesmas realizaranse na Biblioteca Pública Municipal os xoves e venres, das 10 ás 13.30 e das 16 ás 20.30 horas.