Inicio das obras de reurbanización no casco antigo de Verín Imprimir
Luns, 05 Outubro 2009 12:27

A Oficina de Rehabilitación do Casco Antigo de Verín realizou, nos últimos meses, os estudos previos necesarios para efectuar as obras de reurbanización do casco antigo e barrio de San Lázaro.

Devanditas obras consisten no soterramento das liñas de teléfonos e electricidade nas vivendas rehabilitadas -actuacións integrais (con recuperación de interiores e posta en valor da edificación completa) ou restauración de pequenas rehabilitacións (como son arranxo de fachadas, carpintería, portas e fiestras, tellados e recuperación de interiores), e que foron resultado do convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Solo e o Concello de Verín.

Estes estudos, efectuados coa colaboración das empresas subministradoras das liñas de teléfono e electricidade, permitiron comprobar a viabilidade desta actuación e as vivendas que se verán afectadas, ademais das anteriores, pola mesma.