Programa de apertura de centros educativos públicos fóra do horario lectivo Imprimir
Luns, 28 Setembro 2009 12:05

O Concello de Verín pon en funcionamento, a partir de 5 de outubro e en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, un programa de apertura de centros educativos públicos fóra do horario lectivo, a través das seguintes modalidades:

- Érguete, destinado á apertura das instalacións escolares fóra do horario escolar, polas mañás (unha hora antes de que se inicien as clases), co fin de conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores. Os centros que participan son CEIP Princesa de España, CEP Amaro Refoxo e Educación Infantil Amaro Refoxo.

- Tempos de comedor, no CEIP Princesa de España, entre ás 14.30 e 15.30 horas, no que se realizarán actividades socioeducativas despois do servizo de comedor.

- Obradoiro de expresión e comprensión, destinado ao aprendizaxe do inglés, no IES Castro de Baroncelli, todos os luns de 14.30 a 15.30 horas.

Para máis información e inscrición deben dirixirse á oficina de Educación Familiar, situada na Casa da Xuventude, ou no propio centro escolar do alumno/a.