Andaina: “Augas e Balnearios” Imprimir
Venres, 25 Setembro 2009 15:38

O Concello de Verín en colaboración coa Asociación Rota das Augas, e no marco do programa de ‘Concellos Saudables’, organiza para o próximo 27 de setembro a rota-andaina ‘Augas e Balnearios’.

Esta ruta, que a parte ás 9 horas desde a praza do Concello, percorrerá os cinco mananciais de augas mineromedicinais do municipio: Cabreiroá, Sousas, Fontenova, Fonte do Sapo e Caldeliñas; e os/ participantes regresarán polo contorno do río Támega. O traxecto de 10 quilómetros é de dificultade baixa, apta para os máis pequenos, e está sinalizado a través de paneis en todo o seu percorrido.