Cursos de bailes latinos e de salón Imprimir
Venres, 25 Setembro 2009 15:36

O Concello de Verín organiza, un ano máis, cursos de bailes latinos e de salón para adultos nos que recibirán formación nas seguintes disciplinas: salsa, bachata, merengue, tango, vals, rock and roll, danza árabe ou poleo, entre outros.

Os interesados en participar deberán asistir, o xoves 1 de outubro, á reunión informativa que terá lugar ás 20.30 horas no Pavillón de Deportes de Verín.