‘Inviste en tempo e recibirás sen custo’: Banco do Tempo en Verín Imprimir
Luns, 21 Setembro 2009 13:00

O Concello de Verín, coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro), pon en funcionamento o Banco de Tempo de Verín.

Visita a nosa web:


O Banco do Tempo é un sistema de participación social pola cal os/as usuarios/as ofertan e demandan servizos nos que a unidade de intercambio é a hora. Unha persoa deposita unhas horas de tempo ofertando un servizo que desexe dar e, a cambio, pode solicitar tempo doutras persoas para resolver necesidades e actividades da vida diaria.

Integrar á cidadanía, independentemente da súa idade, sexo, raza e condición social, e compartir actividades e tempo; así como, constituír un medio económico, xa que permite aforrar cartos, son os obxectivos principais deste sistema. Os servizos que se poden intercambiar son: axuda no fogar, educación, reparación no fogar, artesanía e música, benestar, acompañante, transportes e axuda en desprazamentos, recreación e diversión, actividades na comunidade e servizos de negocios.

Para participar nesta iniciativa, aberta a todas as persoas maiores de 18 anos e empadroadas no concello de Verín e zonas limítrofes, é necesario facerse socio/a. Os/as socios/as recibirán unha lista actualizada con todas as actividades e servizos que ofertan as persoas que forman parte do banco; e a través da mediación da Axente do Tempo, realizaranse os intercambios. Ademais, o Banco do Tempo organizará xuntanzas mensuais, obradoiros, charlas e saídas culturais para que os membros se coñezan e facilitarlles os intercambios.

A inscrición para formar parte deste proxecto, o segundo da provincia tras Ourense, debe realizarse na oficina do Banco do Tempo do Concello de Verín (Tlf. 988-410000, Fax. 988-411900, e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ), aportando unha fotografía e un documento válido de identificación (DNI, NIE, Pasaporte o Carné de Conducir).