Modificación das canles de TDT en Verín Imprimir
Xoves, 10 Setembro 2009 19:13

Debido a coordinación internacional de frecuencias e por indicación da Administración do Estado, no centro emisor de Verín modificaranse as seguintes frecuencias múltiples de TDT:

- MUX 67 (Cuatro, CNN+, 40 Latino e La Sexta): pasarase a emitir na canle 35 UHF.
- MUX 69 (A3 A3 Nova, A3 Neox e Gol TV): pasarase a emitir na canle 38 UHF.

O resto das emisións non sufrirán variacións. Ante posibles avarías ou cortes do servizo no devandito centro emisor das que o municipio de Verín puidese ter coñecemento, os/as usuarios/as deben contactar co número telefónico de Atención ao Usuario: 902-502 222.