NoiteBús durante os meses de verán en Verín Imprimir
Martes, 11 Agosto 2009 12:14

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en colaboración co Concello de Verín, mantén durante os meses de verán o servizo de NoiteBús, durante os fins de semana e festivos, co obxectivo de ofrecer unha alternativa de transporte a lugares en datas e horarios vinculados ao tempo de lecer, e así reducir a sinistralidade nas estradas.

Coa finalidade de fomentar o seu uso, o prezo dos billetes é de dous euros, ida e volta, que dará dereito á utilización sen límite de veces do servizo ao longo da mesma xornada.

As rutas existentes na comarca de Verín son as seguintes:

* Verín - Xinzo de Limia - Allariz. Os horarios de saída son ás 24 horas e 3 da madrugada (desde Verín), e os de regreso ás 1 e 4 da madrugada (desde Allariz). As paradas que se efectúan son Verín, Pazos, Vilaza, Albarellos, Guimarei, Rebordondo, As Estivadas, Viladerrei, Trasmiras, Abavides, Porto Alto, Xinzo de Limia, Sandiás, Novaíño, Piñeira de Arcos e Allariz.

* Oímbra – Verín. Os horarios de saída son ás 22.30 e 24 horas (desde Videferre), e os de volta ás 23.30 e 06.30 horas (desde Verín). As paradas que se realizan son Videferre, Espiño, Bousés, Casa dos Montes, A Granxa, As Chas, Oímbra e Verín.

* A Gudiña – Riós – Verín. Os horarios de saída son ás 22 e 24 horas (desde A Gudiña), e os de retorno ás 23 e 6.30 horas (desde Verín). As paradas que se efectúan son A Gudiña, Erosa, San Lorenzo, Navallo, Riós, Vendas da Barreira, San Cristovo, A Trepa, Fumaces e Verín.

* Vilardevós – Verín. O horario de saída é ás 23 horas, desde Terroso, e o de regreso ás 6 da madrugada, desde Verín. As paradas que se realizan son Terroso, Vilarello, Arzádegos, Enxames, Vilardevós e Verín.

En Verín, tanto a saída como o retorno do Noitebús, efectúase na Estación de Autobuses.