Maratón de Fútbol-Sala contra o alcohol Imprimir
Mércores, 15 Xullo 2009 09:33
Durante os días 18 e 19 de xullo, a localidade de Verín acollerá unha nova edición do Maratón Fútbol-Sala Vila de Verín, organizado pola Liga Local de Fútbol-Sala e o Concello de Verín.

Co fin de incentivar comportamentos e estilos de vida saudables, a unidade de ‘Concellos Saudables’ de Verín promove o Trofeo ‘Equipo 0,0’, enmarcado na área de Promoción da vida sen tabaco, alcohol e outras drogas. Un trofeo que busca amosar, dende os mozos ata os adultos, as consecuencias negativas do consumo do alcohol, así como fomentar e promover a cultura do lecer san.  

No Trofeo ‘Equipo 0,0’ mediranse os grados de alcoholemia dos integrantes dos equipos, antes de cada partido, grazas a colaboración da Policía Local, que cederá algúns alcoholímetros. Os equipos que obteñan unha taxa, en aire expirado, de 0,0 recibirán agasallos deportivos.