Maratón de Fútbol-Sala Vila de Verín Imprimir
Venres, 10 Xullo 2009 10:42
Os días 18 e 19 de xullo, a localidade de Verín acollerá unha nova edición do Maratón Fútbol-Sala Vila de Verín, organizado pola Liga Local de Fútbol-Sala en colaboración coa área de Deportes, Xuventude e Festas do Concello de Verín.
 
Os premios aos que optarán os equipos participantes son os seguintes:

- 1º clasificado (2.500 €  máis trofeo),
- 2º clasificado (1.000 €  máis trofeo),
- 3º e 4º clasificado (300 €  máis trofeo).
- 1º equipo local (500 €  máis trofeo),
- 2º equipo local (200 € máis trofeo).
- Trofeo ao mellor porteiro e xogador.

Ata o día 15 de xullo, ás 14 horas, permanecerá aberto o prazo de inscrición para participar nesta actividade. Devandita inscrición debe realizarse na sucursal Caja Rural de Zamora (Verín), abonando unha cuota de 150 euros por equipo.

Os partidos disputaranse no Pavillón Municipal de Deportes e no Colexio María Inmaculada, entidade á que desde o Concello de Verín agradecémoslle a cesión das súas instalacións.