Actividades lúdico-deportivas 2009 Imprimir
Xoves, 02 Xullo 2009 12:58
O Servizo Municipal de Deportes do Concello de Verín programa para os próximos meses as seguintes actividades:

- Escola de Verán: desenvolvemento de actividades deportivas e lúdicas que promoven a convivencia entre os nenos, para idades comprendidas entre os 4 e 15 anos.
• Os horarios son de 10 a 13.30 horas (luns, mércores e venres), e de 10 a 14 horas (martes e xoves).
• Os prezos para devanditas actividades, realizadas no Pavillón de Deportes e Piscinas Descubertas, son de 30 € para os socios e de 50 € para os non socios.
• 175 prazas.

- Excursións: organizadas co fin de disfrutar do medio acuático e das atraccións.
• Dun día de duración e para nenos de 7 a 14 anos.
• As excursións prevista para o mes de xullo son:
o Muíños (7 de xullo). Actividades acuáticas, piragüismo e vela. Hora de saída ás 8.30 dende o Pavillón de Deportes (7 € para os socios e de 8,50 € para os non socios).
o Illas Cíes (14 de xullo). Hora de saída ás 8.30 dende o Pavillón de Deportes (17 € para os socios e de 20 € para os non socios).
o Aquapark de Cerceda (21 de xullo). Hora de saída ás 8.30 dende o Pavillón de Deportes (10 € para os socios e de 12 € para os non socios)
35 prazas para os/as nenos/as de Verín e 25 para os de Chaves.

As inscricións realizaranse no Pavillón de Deportes dende hoxe, 2 de xullo.