III Concurso de Doma Clásica Villa de Verín Imprimir
Venres, 26 Xuño 2009 12:01
O Club Hípico Monterrey organiza, no Centro Ecuestre Cigarrón, o III Concurso de Doma Clásica Villa de Verín. Este concurso puntuable para o Campionato Galego terá lugar mañá 27, ás 17 horas, e o domingo 28 de xuño, a partir das 10 horas.

As probas que se celebran son as de Ap1, Ap2 e Ponis, Promoción 1 e 2, Promocións 3, 4 e San Jorge. Aos tres primeiros clasificados de cada promoción entregaránselle trofeo e premio doado polas empresas patrocinadoras; e en Ap1, Ap2 e Ponis recibirán un diploma.

O evento está patrocinado polo Concello de Verín, Deputación de Ourense, Consellería de Medio Rural e a Secretaría Xeral de Deportes.