Teatro ‘Sancho, gobernador da Ínsula Barataria’ Imprimir
Xoves, 25 Xuño 2009 09:45
A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá 26 de xuño, a partir das 20.30 horas, a representación gratuíta da obra de teatro ‘Sancho, gobernador da Ínsula Barataria’, do grupo La Caja de Pandora, co apoio do Concello de Verín.

Este grupo de teatro amateur, formado en Verín en outubro de 2008, interpretará ‘Sancho, gobernador da Ínsula Barataria’, unha obra creación da súa directora, María del Carmen Varela Sánchez, inspirada no Quijote, de Miguel de Cervantes Saavedra.