Aberta a Convocatoriade Campamentos de Verán da Deputación Imprimir
Xoves, 11 Xuño 2009 09:05
A Deputación provincial de Ourense, a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e coa colaboración do Concello de Vilamarín, organiza as II Xornadas Infantís de Verán-Vilamarín 2009, coñecidas como  Campamentos de Verán”. O amplo abano de actividades programadas vai dirixida a nenos de entre 8 e 13 anos, e consistirá en xogos na piscina, equitación, olimpíadas de deportes, xogos populares, obradoiros variados e actividades de labor comunitario.
Podese descargar o formulario de solicitude equí. 
Os campamentos realizaranse no municipio de Vilamarín, nas instalacións da Escola de Hostalaría e da Escola de Equitación, dirixido a tódolos nenos e nenas da provincia de Ourense, que se distribuirán nas seguintes quendas:

- 1ª quenda: do 5 de xullo ó 11 de xullo para nenos/as de 11 a 13 anos.

- 2ª quenda: do 12 de xullo ó 18 de xullo para nenos/as de 8 a 11 anos.

- 3ª quenda: do 26 de xullo ó 1 de agosto para nenos/as de 11 a 13 anos.

- 4ª quenda: do 2 de agosto ó 8 de agosto para nenos/as de 8 a 11 anos.

As prazas dispoñibles para cada quenda son de 50. O prezo do campamento é de 30 € por quenda e neno, e as inscricións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación de Ourense.

Para mais información pódese consultar o Boletín Oficial da Provincial de Ourense (nº 125 – do mércores, 3 de xuño) ou chamar ó telefono do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo: 988249493. A documentación que hai que presentar é:

- Solicitude anexo I (BOP nº 125), cuberto en tódolos seus apartados.
- Certificado de empadroamento nun concello da provincia de Ourense.
- Copia do DNI dun dos pais ou titores e do neno.
- Libro de familia ou acreditación de tutela do neno, de selo caso.
- Copia da tarxeta sanitaria ou seguro médico alternativo de que dispoña.

O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días naturais a partir do seguinte día da publicación no BOP. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de entrada no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Ourense, e sempre que cumpran todos os requisitos. Dita adxudicación das prazas comunicarase por escrito, así como o número da conta bancaria no que deberán ingresar o importe de 30 €.

O desprazamento dos nenos tanto de ida a Vilamarín como de volta ós seus concellos correrá a cargo dos pais; no caso de que non sexan os pais os que vaian recoller o menor, é imprescindible que avisen coa suficiente antelación, ó director da actividade.

O equipamento que deberán levar os nenos e nenas que participen nos campamentos consistirá nun saco de durmir, roupa cómoda, calzado deportivo e chancletas, bañadores, gorra, crema protectora solar, toalla, xabón, xel, xampú, cepillo de dentes, pasta de dentes, peite, lanterna e cantimplora.