O Proxecto ‘Brújula’ en Verín Imprimir
Luns, 01 Xuño 2009 11:48
A concelleira de Cultura, María Corona Meixeira Romasanta, e Jesús Pérez, técnico da Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías de Información e Comunicación (Agestic) inauguraron o espazo escénico do proxecto 'Brújula', que se desenvolverá na praza García Barbón de Verín, durante a xornada de hoxe.

Este proxecto, enmarcado dentro dos 'Programas de difusión sobre utilización segura de Internet, con actuacións de demostración para a infancia e a adolescencia', ten como obxectivo a información, difusión e prevención no uso seguro de internet dirixido a nenos e adolescentes, entre os 8 e 12 anos. Para iso, a través de ordenadores e pantallas de plasma, os monitores presentarán aos menores as habilidades necesarias para navegar por Internet de forma segura, entregando o material correspondente.

O espazo escénico móbil 'Brújula', que se puxo en marcha o pasado 16 de abril, percorrerá 20 localidades de Galicia e está organizado por Agestic, Ministerio de Industria (Plan Avanza), Confederación Galega de Asociacións de Pais de Centros Públicos (Confapa), Obra Social Caixa Galicia e Panda.