Os veciños de Pazos, en Verín, xa reciben o sinal de TDT Imprimir
Venres, 03 Abril 2009 14:17
O Centro Emisor de Monterrei emite, desde o pasado día 1 de abril, a totalidade dos múltiples de Televisión Dixital Terrestre (TDT); sendo xa posible recibir na área de cobertura de Pazos máis de 22 canles de televisión.

Coa posta en servizo das emisións dixitais desde este Centro cúmprese o obxectivo de iniciar estas emisións cunha anterioridade de tres meses con respecto á data establecida para o ‘apagado’ das analóxicas.

Para recibir estas novas canles é preciso dispor dun receptor de TV con sintonizador de TDT integrado ou ben dun receptor externo. Os domicilios con antena de recepción individual, equipados unicamente deberán sintonizar os seus receptores dixitais, mentres que os comunitarios, en caso de ter amplificadores monocanal deben instalar os módulos correspondentes a estas canles (62, 63, 66, 68, 67 e 69).

A posta en marcha das novas canles, facilita aos cidadáns ademais dunha nova oferta de canles, unha maior calidade e a posibilidade de novos servizos de valor engadido.