Certames “Relato Curto Antonio Fernández Pérez” e “Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez” Imprimir
Venres, 03 Abril 2009 10:39
Co fin de fomentar a creatividade literaria dos estudantes dos centros de ensino da comarca, o Concello de Verín convoca o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e o Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez.

As bases para o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez son:    

1ª. DOS/DAS CONCURSANTES.- Poderán participar neste premio literario todos os alumnos e todas as alumnas que o desexen, sempre que estean matriculados en  Primaria (5º ou 6ª), 1º ciclo de ESO, 2º ciclo de ESO e Bacharelato ou Ciclos Formativos en calquera dos centros docentes da comarca de Verín.

2ª. DAS CARACTERÍSTICAS DO TRABALLO.- O relato  co que participarán será orixinal, inédito, con temática e o estilo totalmente libre, escrito en galego, en texto mecanizado ou en letra manuscrita lexíbel; a súa extensión non superará, en ningún caso, 2 DIN A4 escritos por unha cara, con tipo Times New Roman de corpo 12, e marxes estándar e a un espazo e medio de interliñado.

3ª. DA SELECCIÓN DOS TRABALLOS E DOS PREMIOS.-

3.1.-SISTEMA DE PRESELECCIÓN NOS CENTROS PARTICIPANTES E PRAZOS.- A organización da fase de preselección é a criterio de cada centro participante. Cada centro poderá enviar á fase de selección final un máximo de 3 relatos, en cada unha das catro categorías nas que poden competir os/as participantes: Primaria (5º ou 6ª), 1º ciclo de ESO, 2º ciclo de ESO, Bacharelato ou Ciclos Formativos. Cada relato dos que presenten irá asinado cun lema; no interior dun sobre á parte, que presentará co mesmo lema que asine o traballo, informará o/a autor/a do seu nome, apelidos, curso, centro, enderezo e teléfono, de telo.
Os traballos seleccionados en cada centro participante para a fase intercentros enviaranse ou entregarase na Casa do Concello de Verín, antes das 12 horas do día 7 de maio, xoves.

3.2.-FASE DE SELECCIÓN FINAL.-
DA COMPOSICIÓN DO XURADO CUALIFICADOR.- O Xurado Cualificador estará composto por membros con dereito a voz e voto,  que proporá a Concellería de Cultura e Educación do Concello de Verín, e por un secretario,  con voz e sen voto.

DAS DECISIÓNS  DO XURADO.- As decisión do Xurado serán inapelábeis.

DOS PREMIOS.-

3.2.3.1. DOS DEREITOS DOS FINALISTAS.- Todos os traballos finalistas, polo feito de ter superado a selección no seu centro respectivo, de participaren os/as autores/as no acto de entrega de premios -ao que serán convocados con tempo e forma pola organización-, e de non acadaren algún dos premios con dotación económica na fase de selección final, que se farán públicos nese acto, recibirán como premio un lote de libros, pola súa participación e preselección para a final.

3.2.3.2. DOS TRABALLOS SELECCIONADOS PARA PREMIOS EN METÁLICO.

Estabelécense, en cada un dos catro niveis nos que se pode concursar, os seguintes premios con dotación económica: 90 euros (1º premio), 60 euros (2º premio) e 30 euros (3º premio).

De estimalo conveniente o Xurado Cualificador, algún dos premios en metálico poderá quedar deserto.

A organización resérvase o dereito de publicar calquera dos traballos que participen na fase de selección final, que pasarán a ser da súa propiedade.

E as bases para o Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez son:

1ª. DOS/DAS CONCURSANTES.- Poderán participar neste premio literario todos os alumnos e todas as alumnas que o desexen, sempre que estean matriculados en Primaria (5º ou 6ª), 1º ciclo de ESO, 2º ciclo de ESO, Bacharelato ou Ciclos Formativos en calquera dos centros docentes da comarca de Verín.

2ª. DAS CARACTERÍSTICAS DO TRABALLO.- O poema co que participarán será orixinal, inédito, con temática e o estilo totalmente libre, escrito en galego, en texto mecanizado ou en letra manuscrita lexíbel,  e non superará os 24 versos.

3ª. DA SELECCIÓN DOS TRABALLOS E DOS PREMIOS.-

3.1.-SISTEMA DE PRESELECCIÓN NOS CENTROS PARTICIPANTES E PRAZOS.-A organización da fase de preselección é a criterio de cada centro participante. Cada centro poderá enviar á fase de selección final un máximo de 3 poemas, en cada unha das tres categorías nas que poden competir os/as participantes: Primaria (5º ou 6ª), 1º ciclo de ESO, 2º ciclo de ESO, Bacharelato ou Ciclos Formativos. Cada poema dos que presenten irá asinado cun lema; no interior dun sobre á parte, que presentará co mesmo lema que asine o traballo, informará o/a autor/a do seu nome, apelidos, curso, centro, enderezo e teléfono, de telo.

Os traballos seleccionados en cada centro participante para a fase intercentros enviaranse ou entregarase na Casa do Concello de Verín, antes das 12 horas do día 7 de maio, xoves.

3.2.-FASE DE SELECCIÓN FINAL.-
DA COMPOSICIÓN DO XURADO CUALIFICADOR.- O Xurado Cualificador estará composto por membros con dereito a voz e voto, a proposta de D. Xosé Carlos Caneiro Pérez, e por un secretario, que proporá o Concello de Verín , con voz e sen voto.
DAS DECISIÓNS  DO XURADO.- As decisión do Xurado serán inapelábeis.
DOS PREMIOS.-

3.2.3.1. DOS DEREITOS DOS FINALISTAS.- Todos os traballos finalistas, polo feito de ter superado a selección no seu centro respectivo, de participaren os/as autores/as no acto de entrega de premios -ao que serán convocados con tempo e forma pola organización-, e de non acadaren algún dos premios con dotación económica na fase de selección final, que se farán públicos nese acto, recibirán como premio un lote de libros, pola súa participación e preselección para a final.

3.2.3.2. DOS TRABALLOS SELECCIONADOS PARA PREMIOS EN METÁLICO.

Estabelécense, en cada un dos catro niveis nos que se pode concursar, os seguintes premios con dotación económica: 90 euros (1º premio), 60 euros (2º premio) e 30 euros (3º premio).

De estimalo conveniente o Xurado Cualificador, algún dos premios en metálico poderá quedar deserto.

A organización reservase, expresamente, o dereito de publicar calquera dos traballos que participen na fase de selección final, que pasarán a ser da súa propiedade.