Presentación da nova tarxeta de La Caixa coa imaxe do Cigarrón Imprimir
Xoves, 22 Xaneiro 2009 12:17
O alcalde e a tenente de alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán e María del Carmen Pardo, respectivamente, e o  director da sucursal La Caixa na localidade, José Luis Francisco, presentaron esta mañá unha nova tarxeta bancaria coa imaxe do cigarrón, figura emblemática do Entroido de Verín e o simbólico Castelo de Monterrei. Esta iniciativa, proposta dende a entidade municipal, ten como obxectivo promocionar a imaxe do noso personaxe máis representativo do Entroido de Verín, así como, tamén a oferta complementaria da zona, representada a través do Castelo de Monterrei e outros actractivos turísticos da localidade. Non nos cabe dúbida de que, ademais, esta actuación favorecerá a actividade comercial da entidade, e así o esperamos, xa que a maioría dos verinenses, tanto os residentes aquí como no exterior, estarán encantados de  levar na súa carteira a imaxe do cigarrón.