Novo portal de Cidades Dixitais: www.verindixital.org Imprimir
Martes, 18 Novembro 2008 11:06
O Departamento de Cidades Dixitais do Concello de Verín, en colaboración coa Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Consellería de Presidencia, presenta unha nova plataforma de Internet que vai substituír á de Cidades Dixitais.
Este novo portal, que ten un novo dominio: www.verindixital.org, presenta unha serie de vantaxes respecto a versión anterior, sendo as máis novidosas: búsquedas temáticas, posibilidade de albergar vídeo streaming, entre outros, máis os servizos de sempre -sen cambiar en exceso a súa estrutura respecto á anterior, con leves cambios estéticos, e primando a súa funcionalidade-.
 
Os vídeos foron realizados conxuntamente entre os Departamentos do Concello de Verín: Centro de Interpretación e Cidades Dixitais. O aspecto cultural destes posibilitará o seu visionado nas salas do Centro de Interpretación, ou solicitar un Mp4 para visionar in situ. Así mesmo, existe a intención de continuar esta colaboración entre distintos departamentos para seguir editando estas Vídeo-Guías Culturais sobre Verín e Comarca, coa finalidade de facilitarlle aos usuarios unha nova canle de información cultural. Nestes vídeos de produción propia (porque o portal tamén ofrece outros externos), colaboraron desinteresadamente: Ángeles González de Onda Cero Verín, Víctor Cedillo periodista e actual editor de Calle x Calle e Cristina Colmenero, monitora dos cursos do Instituto da Muller que se imparten na Aula Multimedia do Concello de Verín.