Cursos de bailes latinos e de salón Imprimir
Xoves, 16 Outubro 2008 11:55
O Concello de Verín organiza, un ano máis, cursos de bailes latinos e de salón para adultos nos que recibirán formación nas seguintes disciplinas: salsa, bachata, merengue, tango, vals, rock and roll, danza árabe ou poleo, entre outros. Os interesados en participar deberán asistir mañá, 17 de outubro, á reunión informativa que terá lugar ás 20 horas no Pavillón de Deportes de Verín.