Curso gratuíto de árbitro de fútbol Imprimir
Venres, 10 Outubro 2008 10:13
O Concello de Verín en colaboración coa Delegación Ourensana de Árbitros organiza un curso para a obtención do título de árbitro de fútbol, co obxectivo final de crear unha subdelegación na comarca.
Este curso, de carácter gratuíto, impartirase no aula 28 da Casa da Cultura no seguinte horario: mércores e xoves de 20.30 a 21.30 horas. Coa obtención do título, os participantes pasarán á disposición do comité arbitral para a dirección de partidos nesta mesma tempada.

Os/as interesados/as deben inscribirse na Delegación de Árbitros de Ourense ou na concellaría de deportes do Concello de Verín.