Curso de Fundamentos Musicais 2008-2009 Imprimir
Venres, 26 Setembro 2008 10:56
O Conservatorio Elemental de Música de Verín promove o Curso de Fundamentos Musicais para nenos que teñan 7 anos na actualidade ou que os cumpran antes de que remate o ano.
As actividades que se desenvolverán serán: audicións musiciais, canto colectivo, xogos rítmicos e melódicos e introducción á lectura musical. O alumnado rotará, ademáis, entre xaneiro e xuño, polas clases dos instrumentos que se imparten no Conservatorio Elemental de Música de Verín (clarinete, guitarra, piano, saxofón, trompeta e violín) para escoller o instrumento que queren estudiar no futuro.

Con este curso, non oficial e que se impartirá na Casa da Música os luns das 18 ás 19 horas, preténdese que os/as nenos/as que teñen aspiracións musicais coñezan as posibilidades de formación oficial que ofrece o Conservatorio Elemental de Música de Verín.

Para asistir a esta actividade non é necesario que os/as inscritos/as posúan ningún instrumento musical. A inscrición tramítase na Casa do Concello de Verín e o prezo da matrícula é 53,34 €.