Inicio da campaña de fomento da lingua galega no ámbito familiar Imprimir
Martes, 23 Setembro 2008 11:52
Hoxe da comezo en Verín a campaña de fomento da lingua galega e da lectura no ámbito familiar, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia, a través da obra teatro Flis-fli-ris-flás, da compañía Matapiollos.
Nesta obra nárrase a historia de Martiño, un cativo con medo á escuridade, que grazas ao poder dos contos e das boas historias, conseguirá superar o seu medo ao mesmo tempo que vive unha aventura no fondo do mar.

As funcións, representadas no Colexio María Inmaculada, están destinadas aos/ás alumnos/as de Educación Primaria deste centro e dos CEIP Amaro Refojo e Princesa de España. Todos os asistentes recibirán como agasallo o libro coa historia de Martiño, da autoría de Araceli Gonda, e un CD-Rom, con guión de José Luis Orge e Francisco Castro, cunha aventura na que o propio neno protagonista da obra terá que ir superando unha serie de probas para culminala con éxito.