‘Contos de Entroido e Maquillaxe Infantil” na Biblioteca de Verín Imprimir
Luns, 28 Febreiro 2011 12:54

O vindeiro venres 4 de marzo, de 17 a 19 horas, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza un obradoiro de ‘Contos de Entroido e Maquillaxe Infantil’, enmarcado dentro do ciclo de actividades lúdico-culturais programadas para o Entroido 2011 e destinado a fomentar o interese pola lectura entre os/as nenos/as do municipio.

Globoflexia, contacontos, maquillaxe infantil, cancións ou manualidades como decoración de caretas serán algunhas das actuacións previstas e destinadas para 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, e realizadas por voluntarios/as da Biblioteca e persoal da mesma.

Para participar nas mesmas é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776, e indicar si os/as nenos/as posúen algún problema dermatolóxico que lle impida participar no obradoiro de maquillaxe infantil –recomendando traer os produtos de casa- .