O Entroido de Verín protagonista nas I Xornadas Culturais, Gastronómicas e Artesanas de Fagama Imprimir
Mércores, 23 Febreiro 2011 12:53

Do 1 ao 6 de marzo, la empresa Gourmet La Toja SLU organiza as I Xornadas Culturais, Gastronómicas e Artesanas da Federación de Asociacións Galegas na Comunidade de Madrid (Fagama), onde será protagonista o Entroido de Verín, coincidindo as datas da súa realización coas da festa máis tradicional e participativa do municipio.

Durante a celebración destas xornadas, que terán lugar nunha carpa situada no parque da Vaguada en Madrid, non só se exalta a cociña galega senón tamén se programan actividades culturais e mostras de artesanía destinadas promocionar e divulgar o patrimonio de Galicia, coa colaboración con entidades galegas como Turgalicia o Casa de Galicia en Madrid, entre outros.

No interior desta carpa, haberá diversa publicidade promocional da cultura, turismo e patrimonio do noso territorio e  amosaranse proxeccións audiovisuais e fotográficas, que permitirán aos/as visitantes interactuar co noso Entroido e fundirse co incomparable ambiente da festa popular, a través das nosas máscaras, do colorido dos disfraces e das nosas costumes, e como non contando coa presenza da nosa gastronomía entroideira, cunha mostra da Torta do Cigarrón.