‘Tradicións do Entroido’ na Casa da Cultura de Verín Imprimir
Venres, 18 Febreiro 2011 13:04

A Casa da Cultura acollerá o vindeiro sábado 19 de febreiro, ás 17 horas, o coloquio ‘Tradicións do Entroido’, organizada por o Fórum Galaico-Transmontano e a Asociación O Cigarrón de Verín.

Durante esta actividade, José Fernando Rua de Castro, presidente do Fórum, amosará aos presentes as costumes, máscaras e gastronomía das rexións de Tras-os-Montes, Alto Douro e Galicia. Mentres que Federico Justo Méndez, delegado en Galicia do mesmo, explicará as diferencias entre o peliqueiro e o cigarrón. Ao acto tamén asistirá José Manuel González Carnero, presidente da Asociación O Cigarrón de Verín que analizará as diferentes partes do traxe, días e significado do Entroido en Verín.

Con todo, estas non serán as únicas actuacións a desenvolver polo Fórum Galaico-Transmontano ao longo do 2011, xa que tamén se presentarán os libros de Luís Costa (Flávio Montes) y Luís Bento do Nascimento, publicación do boletín Fórum ou Encontro de Xornalistas e Escritores do Alto Támega, Barroso e Galiza, entre outros.