Modificación das canles de TDT en Mandín e Feces de Abaixo Imprimir
Luns, 20 Decembro 2010 14:19

O mércores 22 de decembro procederase ao cambio da canle na que se está a emitir o múltiple autonómico desde o centro de extensión da TDT de Mandín ( na actualidade emite na canle 40: TVG, TVG2, Popular TV e V Televisión), segundo a información facilitada pola Oficina Técnica da TDT de Galicia.

Por este motivo, os veciños/as afectados/as de Mandín e Feces de Abaixo deben resintonizar no seu descodificador a nova canle, no momento no que se produza devandito cambio.

Para calquera dúbida, deben contactar coa Oficina Técnica da TDT de Galicia.no teléfono 981572154  ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo