Torneo Fútbol Sala Sub-15 ‘Vila de Verín’ |
|
Martes, 17 Agosto 2010 09:40 |
Durante os días 20 e 21 de agosto, a localidade de Verín acollerá o torneo de fútbol sala sub-15 ‘Vila de Verín’, organizado pola área de Deportes, Mocidade e Festexos do Concello de Verín, para mozos e mozas menores de 15 anos.
Os premios aos que optarán os equipos participantes son os seguintes: - 1º clasificado (400 € máis trofeo), - 2º clasificado (100 € máis trofeo), - 3º clasificado (50 € máis trofeo). - Trofeos ao mellor porteiro, máximo goleador e mellor xogador.
Os partidos disputaranse na área deportiva de A Granxa e as inscricións, de 20 euros por equipo, poden realizarse ata o 19 de agosto, ás 14 horas, no teléfono 630-974840.
|