O domingo de piñata clausura o Entroido de Verín Imprimir
Domingo, 18 Febreiro 2024 19:37

A celebración do Domingo de Piñata puxo o broche final ao Entroido de Verín co tradicional xantar popular dedicado aos participantes nos desfiles.


Ao remate do mesmo, no que participaron preto de duascentas persoas, concedéronse os galardóns “Cigarrón de Honra” “Fidelidade” e “Pescadilla”; que foron entregados –respectivamente- por Gerardo Seoane, alcalde de Verín, Toño Cesteiro e Luisina (viúva do “Pescadilla”).

Os premiados foron os seguintes:

- Premio Cigarrón de Honra: Javier López.

- Premio Fidelidade: Daniel Prieto.

- Premio Pescadilla: Marilis Otero.

Segundo anunciou a concelleira de Festexos, Cultura, Turismo e Conservatorio, Samanta Barreira, o premio “Cigarrón de Honra” é este ano para unha persoa que dende os 14 anos non deixou nin un só ano de facer resoar as chocas e que luciu a primeira “chaquetilla negra”. «Aquel que talla caretas con tanta arte como luce o traxe e que espalla o sentimento de orgullo que implica ser cigarrón, Javier López».

A fidelidade é un valor que, sen dúbida, se demostra co tempo, e 25 anos son máis que suficiente para recoñecer o esforzo de quen ano tras ano non falta ao noso Entroido nin ao desfile. «Ser ou estar, di o lema deste ano, e sen dúbida esta persoa non só vén ao Entroido, se non que é parte del e fai parte do mesmo aos seus fillos, aos que traslada tamén o amor por este Entroido noso. Grazas Dani Prieto por ser  Entroido!»

«O último galardón foi para unha persoa que mamou o Entroido dende a cuna», enfatizou Barreira,  «que con catro cousas crea un personaxe que defende coa mestría e a retranca característica do Entroido; e que herdou de seu pai todo o espírito que representa a nosa maior tradición. O Premio Pescadilla é para Marilis Otero»,