O Concello de Verín remata as obras de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas no camiño de Vello de Monterrei e nas Tapias Imprimir
Venres, 26 Maio 2023 13:14

O Concello de Verín vén de rematar as obras de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas no camiño de Vello de Monterrei e nas Tapias, actuación acometidas grazas ao importe subvencionable previsto no "Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023” da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).


A intervención contou cun orzamento total de 45.976,01 euros (sen ive), percibindo o Concello de Verín este importe íntegro procedente do Fondo Europeo Agrícola de  Desenvolvemento Rural (FEADER).

As actuacións realizadas tiveron o obxectivo de mellorar a capa de rodaxe existente mediante a apertura da caixa, refino e nivelación da mesma para despois aplicar unha capa de area artificial. Nos primeiros metros, realizouse unha limpeza da superficie con material prestado.

Devandita actuación discorreu sobre a vía existente que se atopaba en rega asfáltica deteriorada, e consistiu nunha serie de accións enfocadas a ampliación, mellora e mantemento do firme existente e das súas marxes.