A Escola Deportiva de Verán 2023 "Convive en Igualdade" abre o seu prazo de inscrición |
Martes, 23 Maio 2023 10:30 |
Dende a área de Mocidade do Concello de Verín organízase o programa deportivo "Escola de Verán 2023" (Convive en Igualdade) e infórmase que a partir de hoxe martes, 23 de maio, ábrese o prazo de inscrición formal. A Escola Deportiva de Verán é unha iniciativa lúdico-deportiva que xa cumpre a súa 25ª edición e que está ideada para nenos e nenas nados entre o 2009 e o 2019. Os usuarios poderán desfrutar dunha amplo horario da actividade, podendo asistir dende as 08.00 ata as 14.30 horas, todos os días, de luns a venres. Do mesmo xeito, con arranxo a facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, así como poder ofrecer unha alternativa completa para o período vacacional dos máis pequenos, a duración da actividade abrangue todo o período de descanso estival na escola. Esto é, dende o 22 de xuño ata o 8 de setembro.
Respecto á tipoloxía das actividades da "Escola de Verán", desenvolverase o tradicional programa baseado en xogos coeducativos de igualdade e actividades deportivas variadas, salpicado doutras actividades complementarias como cine, teatro, obradoiros, piscina, bailes e actividades propias de ocio e recreación. O repertorio complementarase con diferentes eventos (torneos deportivos especiais), saídas pola contorna de Verín e así como varias actividades de gran envergadura para celebrar as bodas de prata da Escola de Verán e configurar así un verán motivador e dinámico. As diferentes modalidades de participación da Escola de Verán son as seguintes:
- Grupo Xeral de 3 días/semana (luns-mércores-venres) * Idades: 4 a 14 anos. Lugar: Preferentemente no Pavillón Municipal de Deportes e Piscinas de A Granxa.
- Grupo de Fútbol e Fútbol-Sala de 3 días/semana (luns-mércores-venres) * Idades: 7 a 14 anos. Lugar: Preferentemente no Complexo Deportivo A Granxa e Piscinas de A Granxa.
- Grupo Xeral de 5 días/semana (luns a venres) * Idades: 4 a 14 anos. Lugar: Preferentemente no Pavillón Municipal de Deportes e piscinas de A Granxa.
- Grupo Mixto de 5 días/semana (luns a venres) * Idades: 7 a 14 anos. Lugar: Pavillón Municipal de Deportes/Polideportivo A Granxa e piscinas de A Granxa. Actividades: Combina a asistencia ao Grupo de Fútbol/Fútbol-Sala (luns, mércores e venres) e o Grupo Xeral (martes e xoves).
(*) O primeiro día da Escola de Verán (22 de xuño) farase unha xuntanza informativa para os pais de todos os participantes no Pavillón de Deportes ás 09.00 horas. Ao rematar a xuntanza, os nenos tomarán a mecánica normalizada da actividade, polo que terán que asistir provistos de roupa axeitada para facer as actividades e acudir ás piscinas.
Os prezos están estipulados do vindeiro xeito: A inscrición poderá realizarse presencialmente nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes (R/ Irmáns Moreno, 13 - Tlfno.: 988.41.11.40), en horario vespertino de 16:00 a 21:00 horas, de martes a venres; ou ben remitindo un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Para formalizar as inscricións nesta actividade, compre entregar a seguinte documentación:
* Existen Follas de Inscrición disponibles tamén na entidade de Caja Rural de Zamora.
|