Aberto o prazo de inscrición para a Ludoteca de verán “Convive en Igualdade” e o Campamento urbano 2023 Imprimir
Luns, 22 Maio 2023 10:54

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín informa que hoxe ábrese o prazo de inscrición para a Ludoteca de verán “Convive en Igualdade” e o Campamento urbano 2023, dúas actividades destinadas a menores de 3 a 15 anos que buscan cubrir o tempo vacacional da cativada con propostas lúdicas e educativas.

Estes servizos, deseñados para cubrir o tempo de lecer dos máis pequenos, terán lugar desde o 22 de xuño até o 8 de setembro, de luns a venres, con diferentes horarios adaptados ás idades dos nenos e contando cun equipo cualificado de nove monitores de tempo libre, doce xoves de voluntariado xuvenil e persoal en prácticas.

Ao igual que estes pasados anos hai un amplo abano de horarios e prezos

PREZOS E HORARIOS:

HORARIO DE 8:00 A 14:00 HORAS


 EMPADROADOS    NON EMPADROADOS       
SERVIZO COMPLETO164203
1 MES + 1 SEMANA85115
QUINCENA65101
SEMANA3565
DÍAS SOLTOS914








HORARIO DE 9:00 A 14:00 HORAS



EMPADROADOS NON EMPADROADOS
SERVIZO COMPLETO 138 168
1 MES + 1 SEMANA 72 102
QUINCENA 60 90
SEMANA 30 60
DÍAS SOLTOS 7 12








A Ludoteca de Verán está dirixida a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. As actividades programadas inclúen animación á lectura e contacontos, actividades acuáticas, cine infantil, obradoiros medioambientais, reciclaxe creativa, fotografía, música, xogos de auga, entre outros. Tamén haberá festas temáticas como o San Fermín, Festa do Sombreiro, Festa Hippie, Festa Eibisenca, Festa Pirata e Festa Flamenca.

O Campamento Urbano está pensado para nenos e nenas de 11 a 15 anos. Durante este campamento, realizaranse acampadas nocturnas, sendeirismo, xogos olímpicos, obradoiros de pintura, actividades acuáticas, visitas a lugares de interese da zona e moitas outras actividades lúdicas e deportivas.

As solicitudes cubriranse na Oficina Municipal de Información Xuvenil, na Casa da Xuventude (Avda. Portugal 11, 1ª planta - Porta 15). Para máis información contactar no teléfono 988-414776.