Constituído o comité de seguimento para a xestión e ordenación común da Cunca Hidrográfica do Támega Imprimir
Martes, 14 Marzo 2023 17:00

Onte, 13 de marzo, tivo lugar unha reunión na sede da Eurocidade Chaves-Verín, AECT, na que representantes do  municipio de Chaves, do Concello de Verín, da Axencia Portuguesa de Ambiente e da Confederación Hidrográfica do Douro constituíron o Comité de Seguimento para a xestión e ordenación común da cunca hidrográfica do Támega.



En devandita reunión estiveron  presentes o vicepresidente da Axencia Portuguesa de Ambiente, Pimenta Machado; a presidenta da Confederación Hidrográfica, M.ª Jesús Lafuente; a directora da Administración Hidrográfica do Norte, Inés Andrade; o Subdelegado do goberno en Ourense, Emilio González; o alcalde de Verín, Gerardo Seoane e o presidente da cámara de Chaves, Nuno Vaz; entre outros representantes institucionais e técnicos.

Co obxectivo de mellorar a xestión conxunta da conca hidrográfica do Támega e a calidade da auga do seu corredor ambiental, esta comisión de seguimento  -que está composta polos representantes máximos e técnicos dos dous municipios e das dúas institucións con competencias en materia de xestión hidrográfica do Támega- propón lanzar as bases para unha xestión integrada do río Támega.

Neste contexto, xa foi definido o cronograma, a metodoloxía de traballo e as áreas de actuación e os obxectivos a seren alcanzados. Sendo a súa primeira tarefa  a elaboración dun diagnóstico e plano de acción da conca do río Támega nas áreas que poidan afectar a xestión común, tales como: a monitorización da auga, enerxía, ambiente e biodiversidade, sector agroalimentario e economía circular, rehabilitación do corredor ambiental e o seu usufruto pola poboación, entre outros.