O Auditorio Municipal de Verín acolle o concerto do pianista Álvaro Sieira Imprimir
Martes, 28 Febreiro 2023 14:04

O próximo venres 3 de marzo, ás 18:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle o concerto do pianista Álvaro Sieira, que interpretará a Op. 118 de Johannes Brahms. Devandito evento está organizado polo Conservatorio Profesional de Música de Verín conxuntamente coa Anpa do CMUS.

A entrada ao concerto e libre e gratuíta ata completar aforo.

Álvaro Sieira Ferreira (1 de Marzo de 1993. Boiro, A Coruña).

Comeza os seus estudos pianísticos aos 7 anos no conservatorio profesional de Ribeira con Enrique Paisal. En 2019 se gradúa en interpretación pianística no conservatorio superior da Coruña.

Discípulo de Martín Millán Torradom, con quen segue  regularmente en clases e ao que considera o seu mentor -pois tivo e ten- unha influencia que transcende ao musical.

Deu concertos en distintos  lugares, sendo algúns dos máis recentes: en León para a fundación Eutherpe; Santiago (no auditorio do Edificio Fontán na cidade da cultura; en Madrid (Madrid Music Hall); no Liceo de Ourense; no CMUSOU; no conservatorio Karl Niensen ou nos Conservatorios superiores de Vigo e A Coruña, En Braga. Destaca tamén a súa actuación como solista, interpretando o concerto para piano e orquestra número 3 de Beethoven, coa Banda de Cámara de Arousa, no auditorio municipal de Vilagarcía.