O Domingo de Piñata clausura o Entroido de Verín Imprimir
Domingo, 26 Febreiro 2023 17:11

A celebración do Domingo de Piñata puxo o broche final ao Entroido de Verín. Este ano, ademais de co tradicional xantar popular, o Concello de Verín quixo agasallar aos participantes no desfile cunha última festa vespertina amenizada pola Disco Mobil Son de la Nuit.


O rematar o xantar, no que participaron preto de trescentas persoas, concedéronse os galardóns “Cigarrón de Honra” e “Pescadilla”; que foron entregados -respectivamente- por Gerardo Seoane, alcalde de Verín, e Luisina (viúva do “Pescadilla”).

Tamén estiveron presentes no acto Diego Lourenzo, tenente de alcalde;  Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos; Puri Caldelas, concelleira de Desenvolvemento Rural e Medio Ambiente; Julio Viéitez, concelleiro de Servizos Públicas; é Dona Elena, a raíña do Entroido.

Os premiados foron os seguintes:

Premio Cigarrón de Honra: David García Santamarina.

- Premio “Pescadilla”: Montse Garrido Lamas.