O Concello de Verín abre a inscrición para os expositores da Feira do Lázaro Imprimir
Xoves, 16 Febreiro 2023 10:52

O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para os expositores das feiras de alimentación e artesanía do Lázaro, que terán lugar os días 25 e 26 de marzo na Praza da Mercé. Todas as candidaturas deberán ser formalizadas antes do 6 de marzo de 2023.



Datos do Evento

Data: 25 e 26 de MARZO de 2023

Localización: Stands Exteriores na Praza da Mercé de Verín – 32600 Verin (Ourense)

 

Horario de Funcionamento:

Sábado, 25 de marzo de 10:00 h a 14.00h e de 16:00 a 21:00 h

Domingo, 26 de marzo de 10:00 h a 14.00h e de 16:00 a 20:00 h.

Peche do recinto feiral ao mediodía de 14:00 a 16:00 h

Candidaturas

As candidaturas deberán ser formalizadas con data límite o 06 de marzo 2023.

Folla de Inscrición os xustificantes pago (unha vez aceptada a candidatura) entregaránse por algún dos seguintes medios:

 

a. Pola sede electrónica https://verin.sedelectronica.gal. A través de instancia xeral e anexar a folla de inscrición (descargar no taboleiro electrónico)

 

b. No Rexistro físico do Concello de Verín -no andar baixo da casa consistorial (Praza do Concello s/n), no rexistro.

 

c. Na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Verín -no andar baixo da casa consistorial- (Praza do Concello s/n).

 

d.        Por correo electrónico: a  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

 

 

 

 

 

As inscricións que se queiran realizar e estén fóra de prazo deberán ser consultadas previamente coa organización para revisar a dispoñibilidade dos stands.

 

Por motivos de protección de datos de carácter persoal infórmase aos participantes que coa su firma na folla de inscripción, autorízanos expresamente a ceder os seus datos para ser incluídos nun ficheiro propiedade do Concello de Verín. Para a oposición, acceso, rectificación, cancelación dos mesmos realizarase na seguiente dirección:

Concello de Verín - Praza do Concello, s/n 32600 Verín- Ourense.

 

A organización poderá rexeitar as candidaturas que non se atopen no ámbito do evento.

 

A candidatura só será efectiva unha vez, que se sexa aceptada e confirmada a participación pola organización e realice o pagamento tras a inscrición previa, nun prazo máximo de cinco días hábiles. Deberase enviar o xustificante de pagamento a organización por calquera outra forma recollida previamente (en oficina, e-mail ou fax).

Valor da inscrición:

*Aluguer de stands (medidas únicas de 3x3m) 9m2 de espazo                        70 €

A cota de inscrición inclue: stand, rótulo, iluminación e punto de luz

 

Formas de Pagamento: (5 días hábiles dende aceptación da candidatura pola organización)

 

  • En efectivo (ingreso na sección de Tesourería do Concello de Verín – pranta baixa).

 

  • Transferencia Bancaria. Nº conta bancaria: ES11-2080-3567-6230-4000-1312 (ABANCA)

  • Dende o exterior: (IBAN e BIC) IBAN: ES11-2080-3567-6230-4000-1312 (ABANCA)BIC:CAGLESMMXXX + IBAN

 

Importante indicar en CONCEPTO: FERIA LAZARO 2023 + NOME PARTICIPANTE/RÓTULO

Distribución, selección e Normas dos stands exteriores

A asignación e localización dos stands son responsabilidade da organización, en función das candidaturasseleccionadas, tipo de expositores e dispoñibilidade de espazos.

 

A aceptación na participación a feira implica a asistencia durante os dous días no horario marcado polaorganización. En caso de forza maior, informar e consultar coa organización.

 

Terán prioridade a participación comarcal, antigüedade na participación no evento, así como a posesión do carnét de artesán (por esa orden). Sendo imprescindible para poder pechar a solicitude haber sido aceptado pola organización, realizado o pagamento efectivo e enviado o comprobante unha vez seleccionado como participanteno prazo que se indique.

 

O montaxe e decoración do espazo interno deberá ser realizadas ata ás 09:45 do sábado día 25 de marzo. A desmontaxe deberá ser realizado ao finalizar a feira o domingo ou luns de maña a mais tardar ás 11h. É obrigatorio o cumprimento dos horarios de inicio e peche das feiras.

A decoración, limpeza e seguridade dos stands é de responsabilidade dos/das ocupantes.

 

Está prohibido expor materiais fóra dos espazos respectivos do propio stand, así coma calquera tipo de publicidade.Evitando entorpecer os corredores, debendo quedar libres en todo momento para non impedir a circulación libre dos/das visitantes e vehículos de emexencia no seu caso.

 

A carga e descarga da mercadoría exposta nos stands deberá realizarse nas primeiras horas de apertura da feira e/ouúltimas horas para evitar ocasionar molestias aos/ás visitantes nos corredores.

 

A reposición de mercadoría, durante o horario de funcionamiento do evento, deberá ser comunicada a organización paraa correspondente autorización.

 

É obrigatoria a presenza dunha persoa no respectivo stand, A organización non se responsabiliza do perxuizo causado no interior dos stands. (roubos, destrozos, etc...)

 

O/A participante non pode ceder a calquer título, oneroso ou gratuito, o seu dereito de ocupación do stand.

 

As paredes dos stands son en melamina, polo cal está prohibido perforar as mesmas.

 

Os stands de exterior dispoñen dunha persiana/e ou lona co seu correspondente peche. (chave ou candado).

 

Os Produtos

O acondicionamento e o envoltorio dos produtos deberán ser realizados en embalaxes adecuados, limpos e de materialinócuo.

 

Os expositores son responsables da calidade do produto vendido.

 

Consideracións Finais

Os/As participantes quedan obrigados/as a cumprir as normas de carga e descarga e limitacións de aparcamento quesexan definidas pola organización.

 

A sinatura da folla de inscripción implica a aceptación de tódalas cláusulas destas condicións de participación.

 

A organización non se responsabiliza dos danos ou desaparición de obxetos nos stands durante o horario defuncionamento do evento.

 

A cancelación da participación por parte do expositor deberá ser presentada por escrito a organización solicitando aposibilidade de devolución do importe satisfeito.

 

A organización declina calquera responsabilidade ante o incumprimento das condicións de participación e se reserva o dereito de tomar as medidas oportunas en caso de incumprimento dalgunha das condicións de participación paravindeiras feiras.

 

Seguridade

Habrá seguridade durante as dúas noites da feira así como ao mediodía.

 

As noites baixanse os automáticos da luz, polo cal, calquer información a maiores que deba estar en coñecemento daorganización, rógase que se faga saber.

 

Datos de Contacto da organización do evento:

Para calquer aclaración adicional e información podrá contactar en: CONCELLO DE VERÍN

Departamento: Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Verín Persoa de contacto: Julia Morales Ojea

Teléfono: 988 41 00 00

Fax: 988 41 19 00

e-mail: adl@verin.gal

ade ante o incumprimento das condicións de participación e se reserva o dereito de tomar as medidas oportunas en caso de incumprimento dalgunha das condicións de participación para vindeiras feiras.