O Concello de Verín presenta a V edición das xornadas de novela negra “Back in Black” Imprimir
Xoves, 15 Decembro 2022 11:17

 O Auditorio de Verín acollerá, durante os días 27 e 28 de xaneiro, a quinta  edición das súas xornadas de Novela Negra, organizadas pola Biblioteca de Verín e que serán coordinadas e dirixidas polo xuíz Vázquez Taín e polo escritor Pedro Feijoó.

Esta mañá tivo lugar a presentación do programa oficial na Biblioteca Municipal de Verín, na que participaron o alcalde de Verín, Gerardo Seoane e os organizadores do evento, Vicente Rodríguez Justo e Aurora Prieto.

Gerardo Seoane quixo felicitar aos organizadores por dar continuidade a esta proposta «que xa é un dos eventos máis importantes da completa axenda cultural verinesa» e realizou un chamamento aos amantes deste xénero negro e policiaco a achegarse a vila do Támega e gozar desta programación de “primeiro nivel”.

Esta V Edición leva por título “Back in Black”, que vén a indicar que, un ano máis,  Verín volta ao negro pero esta vez cunha vinculación especial ao mundo da música. «Varios dos autores que participan nas xornadas mesmo tempo teñen ou tiveron unha grande relación coa música de xeito profesional ou nas súas obras literarias», explicou o alcalde de Verín.

«Ao igual que nas edicións pasadas as conferencias serán presentadas por voluntarias da Biblioteca de Verín, buscando dar maior participación e visualización do proxecto, que nesta ocasión correrán ao cargo de Ana García, Sofía Lorenzo e Sara Blanco. Tamén presentarán aos autores e autoras Noelia Gallego, Lorena Carnero e Inés García», salientaron os organizadores do evento.

Devanditas xornadas  serán coordinadas e dirixidas polo xuíz e escritor Xosé Antón Vázquez Taín, e contarán con profesionais da talla de:

Escritores/as: Sara Vila, autora da premiada obra “Oito días sen Eva Cortes”; Pedro Feijoo, autor entre outras obras “Lume Azul” e os “Fillos do mar”; Mikel Santiago, autor da que está a ser súper ventas (trioloxía Illumbe) “El mentiroso”,En plena noche” e “Entre los muertos”; e por último o escritor de Vilardevós Xoán Tallón autor dos afamados libros “Rewind” e “Obra maestra”.

Relatores/as do mundo profesional: Jose Luis Ferreiro Nóvoa, sarxento Primeiro da Garda Civil, especialista en Policía Xudicial; Mª Berta Rodríguez Mtnez. Médica Forense – Sub. Dtra. Inst. Médico Legal Galicia; o forense e colaborador habitual da Biblioteca, Fernando Serrulla, o verinés Enrique León Calviño, ex comisario de Vilagarcía; Miguel Losada, outro colaborador da Biblioteca que terá a labor de dirixir asa mesas de debate; e por último o coordinador das xornadas o Xuíz Vázquez Taín.

Como broche final de esta festa literaria organizarase un concerto de rock no pub Revólver onde xuntaranse os escritores/músicos Pedro Feijoo e Mikel Santiago, que estarán acompañados na batería  por Roberto González profesor de música e tamén colaborador da Biblioteca de Verín.

As V Xornadas de Novela Negra estarán dedicadas á Lolita Castro, voluntaria da Biblioteca do Concello de Verín falecida recentemente.

+ info: http://novelanegra.bibliotecadeverin.es


PROGRAMA COMPLETO

Programa V Xornadas Novela Negra: “BACK IN BLACK”

27-28 de Xaneiro de 2023

VENRES 27 DE XANEIRO

Mañá:

12:00h. “A orixe dunha novela. Así naceu Eva Cortes”, conferencia de Sara Vila dirixida aos centros de ensino.

Entrada libre ata completar aforo.

 

Tarde:

19:00h Inauguración V Xornadas de Novela Negra.

 

19:05 h. “Un sorbo envelenado”, conferencia, Jose Luís Ferreiro Novoa.

Sarxento Primeiro da Garda Civil, especialista en Policía Xudicial.

 

19:45h. “Escribiuse un crime??? botemos unha ollada”, conferencia de Mª Berta Rodríguez Mtnez. Médica Forense – Sub. Dtra. Inst. Médico Legal Galicia.

Acompaña na mesa Fernando Serrulla, Médico Forense.

 

20:20h. “Ficción versus realidade: Falemos de crimes”. Mesa de debate.

Intervención: Vázquez Taín, xuíz, Pedro Feijoo, escritor, Enrique León ex comisario.

Dirixe Miguel Losada, etnógrafo e especialista en ciencias sociais.

 

 

SÁBADO 28 XANEIRO

 

18:00h “Antía Ubeira: contar unha desaparición dende a perspectiva da mensaxeira”, conferencia da escritora Sara Vila.

Presenta á escritora: Noelia Gallego, voluntaria da Biblioteca de Verín.

 

18:35h. “Gatos e Bombas: O que hai que ter para escribir novelas de intriga.” conferencia do escritor Mikel Santiago.

Presenta ao escritor: Lorena Carnero, voluntaria da Biblioteca de Verín.

 

19:05h. “Misterios sen resolver, grazas” conferencia do escritor Xoán Tallón.

Presenta ao escritor: Inés García, voluntaria da Biblioteca de Verín.

 

Descanso 10 minutos

 

19:40h. Mesa Redonda dirixe Miguel Losada, etnógrafo e especialista en ciencias sociais e participan tódolos/as relatores/as.

 

21:00h. Sinatura de Libros.