Como cada 28 de xuño, celébrase o recoñecemento formal dos dereitos das persoas lesbianas, gais, bisexuales, transexuales e intersexuales. Facémolo en conmemoración dos disturbios de Stonewall (Nueva York), xeralmente coñecidos como o catalizador do movemento pro-dereitos LGTBI en EEUU e no resto do mundo. Estes dereitos fundaméntanse en valores universais e democráticos como a igualdade, o respecto, a diversidade e a liberdade.
Esta é unha xornada na que se pon de manifesto a importancia de seguir construíndo sociedades máis tolerantes que convivan en diversidade e promovan o cumprimento dos dereitos vulnerados das persoas LGTBI.
Desde as Institucións debemos asegurar a igualdade efectiva de todas as persoas LGTBI e as súas familias, como elemento esencial dunha boa convivencia para o progreso e o desenvolvemento social.
É a nosa obrigación frear os discursos do odio que desde hai algún tempo veñen escoitado, facendo de muro para concienciar á sociedade para que todas as persoas sen importar a súa identidade ou orientación sexual poidan exercer, sen medo e con respecto, todas as facultades e dereitos que lles corresponden como cidadáns e cidadás de pleno dereito.
Por esta razón, o Concello de Verín, como mostra da súa unión ao proxecto da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) súmase, coa colocación da bandeira LGTBI, ás voces que chaman por un futuro en igualdade de todas as persoas, ao marxe da súa identidade sexual e/ou xénero e da súa orientación sexual. |